O club Brétema é na actualidade, un punto de encontro de palistas e deportistas en xeral, que precisen, polos motivos que sexa, de un lugar donde practicar o piragüismo na cidade de Lugo.
Non se lle esixe a ninguén ter ficha por un determinado clube. Actualmente entrenan xuntos no Brétema, palistas de ata cinco clubes galegos e españois diferentes, e incluso hai xente que entrena sin ter licencia federativa.
A liberdade de horarios é total, adaptando cada un o horario de adestramento co seu horario laboral e cada palista é quén de decidir si entrena só ou na compaña de outros palistas.
Tampouco se lle esixe a ninguén cotas económicas ou desembolsos de ningún tipo. A nosa motivación segue a ser que na cidade de Lugo haxa ambiente piraguístico de competición e de paseo, para que todos aqueles ós que nos gusta o piragüismo poidamos disfrutar da vosa compaña e do adestramento diario.
No Brétema non temos nin palas nin embarcacións. Cada palista leva o seu material deportivo. Só podemos ofrecerche un sitio para gardar a túa piragua, compaña para os teus adestramentos e un lugar privilexiado para adestrar.