O brétema empeza a funcionar como club no ano 1980 dirixido por persoeiros de sona deportiva recoñecida internacionalmente: Anxo Villar Varela (Chilares) e Luis Ramos Misioné.

Chilares tiña participado na olimpiada de Mexico 1968 i é varias veces campeón de España en tódalas distancias e modalidades, e ademáis, tén vencido en tódolos descensos de ríos que hai na península ibérica e participado en multitude de regatas internacionais ca selección española.

Pola súa banda, Misioné participou nas olimpiadas de Montreal 1976, Moscú 1980 e Los Angeles 1984, foi campeón do mundo en Belgrado 1975, dobre medallista olímpico e acredita 13 medallas de diferentes cores en campionatos do mundo.

Misioné na olimpiada de Moscova 1980 Misioné e Chilares tras finalizar o campionato do mundo de marathon en Luxenburgo 1988 en segundo lugar.

Baixo a batuta de éstes dous palistas, emerxe toda unha xeración de palistas que sería longa de enumerar, pero que entre todos poida que superen o centenar de títulos de campións de España e innumerables victorias en descensos e travesías de ríos.

Durante éste periodo, o prestixio do Brétema medra e comenzan a chegar palistas de fora da provincia de Lugo para realizar estancias máis ou menos prolongadas connosco.

Equipo de competición no ano 1988 formado de esquerda a dereita por Pociña, Arias, Misioné, Chilares, Valledor e Blanco. K4 do Brétema no ano 1989 formado por Valledor, Chilares, Blanco e Pereira.

Na actualidade, o Brétema non tén equipo de competición federado, senón que está formado por palistas de diferentes clubes que se xuntan para adestrar.

Blanco, Bernando e Paco son tres dos palistas que actualmente adestran no Brétema. Bernando e Blanco durante unha competición da tempada 2002.