O club Brétema está en Galicia, na cidade de Lugo, a carón do río Miño, no barrio das Saamasas, a 500 metros da "fábrica da luz" río arriba i a carón do camping "Beira Río".

Está situado en unha extensa carballeira de gran beleza paisaxística(ver foto abaixo), que é ideal para practicar as carreiras pedestres.

 

 

O lugar donde se realizan os adestramentos, está a 454 metros de altitude sobre o nivel do mar. Tén un clima continental con temperaturas medias no inverno de 6 grados e no verán de 18 grados. A temperatura media anual é de 11,9 grados centígrados.

As precipitacións son abundantes, oscilando entre os 1000 e os 1500 mm anuais. O caudal medio do río é de 340 metros cúbicos/segundo. O Miño é de réxime pluvial, o que propicia un caudal moi uniforme ó longo do ano. 

Ademaís de unha pista de 5.000 metros de lonxitude, contamos para remar con un tramo practicable de unhos 15.000 metros. En éste percorrido podemos atopar tramos con 4 metros de calado e augas blandas deica tramos con 0.5 metros de calado e de extrema dureza.

A incidencia do vento é practicamente nula para a práctica do piraguísmo. En inverno predominan os ventos de compoñente sur-suroeste, xa que Galicia queda baixo a influenza das borrascas atlánticas, e no verán os ventos predominantes son de compoñente norde-nordeste, xa que quedamos baixo a influenza do anticiclón das Azores.

Todos estes datos convirten a Lugo en un lugar moi propiciopara a práctica do piragüismo, sobre todo durante os meses de verán. A todos éstes datos hai que engadir a gran beleza paisaxística que nos ofrece o curso alto do río Miño.

Aspecto da pista de 1000 metros donde se fan os adestramentos. Palistas durante un adestramento invernal en Lugo.